conta

conta

contar

Plural: contas
  1. s f

    Acción e efecto de contar.

  2. s f

    Cálculo dunha cantidade mediante operacións matemáticas.

    1. s

      Relación de cantidades que reflicten unha actividade mercantil ou doutro tipo na que hai ingresos e gastos.

    2. conta bancaria

      Conta aberta entre un banco e os seus clientes en que se reflicte a situación acredora ou debedora.

    3. conta corrente

      Modalidade de depósito que se caracteriza pola liquidez inmediata e a rapidez das operacións.

    4. conta de crédito

      Modalidade de depósito que se caracteriza por permitir o seu descuberto no saldo.

  3. s f

    Cantidade que se debe ou que hai que cobrar.

  4. s f

    Asunto que incumbe a dúas ou máis persoas, especialmente cando está pendente de resolución.

  5. s f

    Explicación dalgunha cousa que se levou a cabo.

    1. s

      Cliente ou anunciante no ámbito da publicidade.

    2. departamento de contas

      Grupo de persoas que se ocupan do servizo ao anunciante e da coordinación de todos os traballos que se realizan para este nunha axencia de publicidade.

  6. conta xurada [DER ]

    Procedemento privilexiado a disposición dos procuradores e avogados para que poidan facer efectivos os seus honorarios profesionais fronte aos seus clientes na representación ou defensa nun litixio.

  7. conta atrás

    Enumeración do tempo que queda para comezar unha cousa programada contando ao revés ata chegar a cero.

Sinónimos

Citas

  • Durante o velorio as vellas ían movendo as contas segundo rezaban oracións
  • Eles e mais nós aínda temos varias contas sen amañar
  • No colexio xa comezou a facer contas sinxelas, Se naceu no corenta e dous, bótalle a conta aos anos que ten
  • O camareiro tróuxonos a conta cando lla pedimos
  • Ó chegar a casa vas ter que dar conta de ónde estiveches ata tan tarde
  • Tiven que lle pagar a conta do aluguer
  • Xa perdín a conta das chamadas que fixen hoxe

Refranes

  • A conta, de preto; o amigo, de lonxe.
  • A contas novas, barallas vellas.
  • A contas vellas, barallas novas.
  • As contas de Xan son como as fan.
  • As contas de Xan son como as fan; e as de Pedro son como as quero.
  • As contas, claras; e os homes, de poucas palabras.
  • Coas contas ¡moita conta!
  • Conta axustada é medio paga.
  • Conta e razón sostén amistade e unión.
  • Conta é razón; o demais, non.
  • Conta errada, que non valla: que o erro non fai paga.
  • Conta mal feita téñase por desfeita.
  • Contas claras honran as caras.
  • Contas de beato e unllas de gato.
  • Contas non son contos.
  • Entre amigos non hai conta: o que máis pon, máis se amoca.
  • Haxa boa conta, que o demais tanto monta.
  • Non deixes que sexan vellas as contas e as débedas.
  • Por ben que se bote a conta, non sempre sae ao dereito.