consistorio

consistorio

lat consistoriu ‘lugar de xuntanza’

Plural: consistorios
  1. s m
    1. Conxunto dos edís dun concello.

    2. Edificio público onde se reúne a corporación municipal e que serve de sede principal dos seus órganos administrativos.

  2. s m [RELIX ]

    Consello solemne de cardeais e outros dignatarios pontificios presididos polo papa.

  3. s m [HIST ]

    Consello e tribunal privado dos emperadores romanos, que se reunía para asesorar o gobernante en materia lexislativa e administrativa.

Citas

  • Acudiron á manifestación todos os membros do consistorio
  • As obras de reforma do consistorio levan dous meses paradas