congregación

congregación

lat congregatiōne

Plural: congregacións
    1. s

      Asociación de fieis que se reúnen baixo unha advocación relixiosa, para o exercicio da piedade e con finalidades apostólicas.

    2. congregación mariana

      Asociación de cregos e laicos que ten por finalidade promover a fe cristiá mediante a espiritualidade litúrxica, a piedade mariana, o sentido da Igrexa, os exercicios de santo Ignacio e as actividades apostólicas.

  1. s f
    1. Comunidade reunida para o culto nas igrexas da Reforma.

    2. Comunidade local de crentes, sobre todo o estamento laical que a forma.

  2. congregación monástica [RELIX ]

    Unión de diversos mosteiros que dependen dun único superior, pero que conservan a súa independencia.

  3. congregación relixiosa [RELIX ]

    Compañía de relixiosos ou relixiosas que fan votos sinxelos, que poden ser perpetuos ou temporais.

  4. congregación romana [RELIX ]

    Cada unha das comisións ordinarias, integradas na curia romana, que asisten ao papa no goberno da Igrexa, con potestade administrativa na súa competencia.

Sinónimos

Citas

  • Houbo unha congregación de antigos alumnos para organizar unha cea
  • Reuniuse a congregación para decidir o itinerario nas procesións de Semana Santa