unión

unión

lat unĭōne

Plural: unións
  1. s f

    Acción e efecto de unir ou unirse.

  2. s f

    Punto onde entran en contacto dúas cousas e forman un todo.

  3. s f

    Asociación de persoas ou entidades que teñen intereses, problemas e fins comúns.

  4. s f [MAT ]

    reunión.

  5. s f [MED ]

    Consolidación das partes dunha ferida ou dos fragmentos dun óso.

  6. s f [FÍS ]

    Zona de transición que se manifesta ao poñer en contacto un semicondutor e outro material de propiedades diferentes.

Refranes

  • Cando dúas vontades están conformes, de pouco serven os revolvedores.
  • O trigo que non se xunta na leira, xúntase na eira.