conforme
conforme
lat conforme
-
adx
Que ten unha forma de ser igual a outra que normalmente se toma como tipo ou modelo.
-
adx
Que está de acordo con algo ou alguén.
-
conx
Do mesmo xeito que.
-
conx
No mesmo momento en que ou tan pronto como.
-
prep
De acordo con.
Sinónimos
Antónimos
Citas
- Conforme acabou o exame, levantouse e marchou, Conforme chegues á casa, acende a radio para escoitar o programa
- Conforme o director, comezamos a rodaxe en abril
- Conforme pensaba o relato ía escribindo no seu ordenador, Nós comiamos as castañas conforme ela lles sacaba o ourizo
- Está conforme coa proposta que lle fixeches, A súa opinión é conforme á xeral
- Non está conforme coa repartición da herdanza de seus pais
- Os seus feitos son conformes ás súas ideas
- Respondeulle ao avogado conforme o fixera na primeira declaración