concentración

concentración

concentrar

Plural: concentracións
  1. s f

    Acción e efecto de concentrar ou concentrarse.

  2. s f

    Agrupamento de persoas nun lugar coa finalidade de manifestarse.

  3. s f
    1. Proceso mediante o que se incrementa a cantidade dunha substancia que existe nun volume de espazo.

    2. Cantidade dunha substancia nunha unidade de mestura, solución ou mineral que a contén.

  4. s f [XEOG ]

    Proporción, en relación co espazo circundante, dun fenómeno determinado e cuantificable rexistrado nun territorio concreto.

  5. concentración biolóxica [ECOL ]

    Acumulación nun organismo vivo ou na cadea trófica de concentracións elevadas dun composto químico que está presente no medio dunha concentración relativamente baixa.

  6. concentración de capital [ECON ]

    Fenómeno característico do capitalismo que define unha das súas primeiras etapas de desenvolvemento, iniciada na Idade Media.

  7. concentración de poderes [POLÍT ]

    Acumulación dos tres poderes (lexislativo, executivo e xudicial) nun poder único, propia de réximes totalitarios.

  8. concentración empresarial [ECON ]

    Proceso xurídico a través do que se fusionan as actividades de dúas ou máis empresas, con perda da personalidade xurídica dalgunha delas.

  9. concentración escolar [EDUC ]

    Entidade educativa que reúne diversas unidades escolares dispersas co obxectivo de completar a educación obrigatoria.

  10. concentración industrial [ECON ]

    Agrupamento nun mesmo establecemento dos diferentes procesos de fabricación.

  11. concentración límite/permisible [ECOL ]

    Cantidade máxima dun contaminante que pode tolerar un organismo sen que lle resulte nocivo.

  12. concentración migratoria [ECOL ]

    Concentración nunha área concreta de gran variedade de especies migratorias como resultado da confluencia de direccións migratorias distintas.

  13. concentración mínima inhibitoria [MICROB ]

    Concentración mínima de antibiótico necesaria para frear o crecemento dun cultivo bacteriano.

  14. concentración parcelaria [XEOG ]

    Instrumento de reforma agraria técnica, consistente en agrupar no menor número posible de parcelas todas as propiedades rústicas que posúe un propietario nun territorio concreto.

Antónimos

Citas

  • A concentración de tantos cartos nunha soa conta puxo en alerta á policía xudicial
  • A concentración dos traballadores rematou de forma violenta
  • Para realizar ben este traballo é necesario un alto grao de concentración
  • Produciuse unha concentración de forzas na capital fieis ao presidente