dispersión

dispersión

lat dispersĭōne

Plural: dispersións
  1. s f

    Acción e efecto de dispersar ou dispersarse.

  2. s f

    Condición de disperso.

  3. s f [MAT ]

    Desviación dun conxunto de valores respecto dun valor central, xeralmente o valor medio que se mide mediante a desviación media, a desviación típica e a variación.

  4. s f [FÍS ]

    Proceso mediante o que ten lugar un cambio nas constantes físicas, ou mesmo da natureza, dunha onda ou dun feixe de partículas que atravesan un medio, a causa da interacción coas partículas deste.

  5. s f [FÍS ]

    Fenómeno que consiste no feito de que unha parte do fluxo magnético dunha máquina eléctrica, se desvía do circuíto magnético, e se pecha a través do aire, co que se reduce o fluxo útil.

  6. s f [FÍS ]

    ariación do índice de refracción dunha substancia ao cambiar a frecuencia da luz incidente.

  7. s f [QUÍM ]

    Sistema heteroxéneo formado por dúas ou máis fases, en que a fase dispersa está en suspensión no medio da fase dispersante.

  8. dispersión de tiro [BÉL ]

    Distribución, arredor do obxectivo de tiro, dos impactos que producen os proxectís disparados por unha peza de artillaría, sen variar os datos da puntaría e coa mesma carga de proxección.

Citas

  • As autoridades ordenaron a dispersión da manifestación