combinado -da

combinado -da

combinar

Plural: combinados Masculino: combinado Masculino plural: combinados Feminino: combinada Feminino plural: combinadas
  1. p reg

    combinar.

  2. adx

    Que resulta de combinar distintos elementos para producir un determinado efecto.

  3. s m

    Bebida que se prepara combinando distintos licores, refrescos e outros ingredientes.

  4. s m [BÉL ]

    Organización ou operación militar na que participan tropas procedentes de diversos estados ou de distintos corpos militares.

  5. prato combinado [ALIM ]

    Prato no que se serven xuntos diversos alimentos e que constitúe unha comida completa.

Sinónimos

Confrontaciones

selección

Citas

  • A acción combinada dos bombeiros e do exército decidiu o éxito da operación
  • É unha muller elegante e vai sempre ben combinada
  • No partido inaugural enfrontaranse o equipo local e un combinado internacional
  • O meu combinado favorito é a xenebra con tónica e limón
  • Os combinados de medicamentos resultan eficaces contra certas doenzas