combinación
lat combinatĭōne ‘reunión de dúas cousas’
-
s
f
Acción e efecto de combinar ou combinarse.
-
s
f
Conxunto único de números, letras ou signos que permite acceder a certos aparatos ou abrir mecanismos de seguridade.
-
s
f
Peza de vestir interior feminina que cobre desde os ombros ou a cintura ata o bordo da saia.
-
-
s
Agrupación de elementos na que só se ten en conta a distinción entre os elementos agrupados e non a orde na que se toman.
-
combinación con repetición
Tipo de combinación na que cada elemento pode repetirse calquera número de veces nunha mesma combinación.
-
s
-
s
f
[QUÍM ]
Reacción química pola que dous ou máis elementos ou moléculas se xuntan para formar un composto único.
-
-
s
Fenómeno que, en glosemática, consiste en que dúas unidades compatibles no discurso non presentan ningún tipo de dependencia recíproca.
-
combinación fonemática
Secuencia regular de fonemas, produto da distribución destes. A sílaba é a combinación fonemática máis elemental.
-
s
Fenómeno de asimilación que consiste en que un son adquire algún trazo articulatorio do son próximo.
-
s
-
combinación circular
[ARQUEOL ]
Gravado rupestre que reproduce círculos ou liñas curvas. Pode adoptar distintas formas, desde círculos concéntricos ata figuras abstractas.
-
combinación lineal
[MAT ]
Suma de vectores dun espazo vectorial, multiplicados cada un deles por un determinado coeficiente escalar.
Sinónimos
Citas
- A combinación da caixa forte estaba gardada no banco
- A combinación de cores do teu vestido gústame moito
- A combinación gañadora do sorteo estaba errada
- Para ir á miña vila teño moi mala combinación de trens
- Véseche a combinación por debaixo da saia