cóctel

cóctel

ingl cocktail

Plural: cócteis
  1. s m [ALIM ]

    Bebida realizada mediante a combinación de varias bebidas alcohólicas.

  2. s m

    Mestura de cousas.

  3. s m

    Reunión social onde se bebe cóctel, que xeralmente ten lugar ao mediodía ou á tarde.

  4. cóctel Molotov [BÉL ]

    Artefacto incendiario para lanzar, que consiste nunha botella de líquido inflamable que ten trapos impregnados no mesmo combustible enrolados na boca que, unha vez acesos e logo de romperse o recipiente, prenden o resto.

Citas

  • Asistimos a un cóctel de presentación dun libro
  • Tiña no bolso un cóctel de cousas, desde un peite a unha goma de borrar

Palabras vecinas

cocorote cocoso -sa cocote cóctel cocteleira coda codal