codia
lat *cutina
-
s
f
-
Parte externa dura que cobre unha cousa de materia máis branda.
-
Anaco de pan reseso.
-
-
s
f
[BOT ]
Parte externa da raíz, do talo e das pólas das plantas leñosas, que coincide cos tecidos situados por fóra do cámbium.
-
-
s
Capa externa de tecido que recobre determinados órganos.
-
codia cerebral
Capa externa do cerebro formada polos corpos celulares das neuronas (substancia gris). Nela intégranse as funcións sensitivas, motoras e de conciencia.
-
codia suprarrenal
Parte externa da glándula suprarrenal en que se distinguen a capa glomerular, a fascicular e a reticular.
-
s
-
-
s
Superficie orixinada pola cimentación dos solos das zonas áridas ou semiáridas, formada principalmente por carbonato e sulfato de calcio.
-
codia terrestre
Conxunto de capas exteriores da Terra, cuxa capa superficial é ríxida e relativamente lixeira, e está composta por sílice e aluminio, e na segunda capa, situada a máis profundidade, predomina a sílice e o magnesio. Está separada do manto pola discontinuidade de Mohorovicic.
-
s
Sinónimos
Confrontaciones
corroscoCitas
- Para comer non tiña máis que unha codia
- Sempre lle quito a codia ao queixo antes de comelo