códice
códice
lat cōdice, de caudice
-
-
s
Libro antigo e medieval, que procede do codex latino e está elaborado manualmente cun valor histórico e artístico. Os máis antigos (s II-I a C) realizáronse en pergamiño ou papiro.
-
códice arquetipo [lat: codex archetypus]
Primeiro dos exemplares oficiais dunha obra clásica corrompido por copias posteriores, en particular as realizadas durante a Idade Media.
-
códice bíblico
Códice que contén a Biblia ou unha parte, sobre todo se é moi antigo, de xeito que poida considerarse próximo ao texto orixinal.
-
códice único [lat: codex unicus]
Documento único conservado dunha obra antiga.
-
s
-
s
m
[RELIX ]
Parte do misal e do breviario que contén os oficios concedidos particularmente a unha diocese ou corporación.
-
códice diplomático
Recompilación sistemática ou cronolóxica de documentos relativos a unha cidade, unha entidade ou unha persoa.