carocho
carocho
lat carudiu gr κάρυον ‘noz’
-
s
m
-
Espiga do millo que non madurou de todo.
-
Parte interior da mazaroca á que están unidos os grans.
-
-
s
m
-
Anaco de pan que se corta por unha beira da bola.
-
Anaco de pan duro e con codia.
-
Anaco de pan de trigo con ovos e azucre que recibían os veciños dalgunhas aldeas, de parte dos noivos, o día do casamento.
-
Sinónimos
cadolo, cadrozo, canelo, canoto, cantelo, carolo, carozo, carroucho, caruncho, codelo, codroso, regueifa
Confrontaciones
espigalloCitas
- Bótalle un carocho ao can que está morto de fame
- Encendeu o lume cuns carochos e uns garabullos
- Ó sacarlle o esterco ao porco dálle uns carochos para que se entreteña
- Os noivos repartían carochos entre os seus convidados
- Pedinlle unha miga de pan e deume un carocho ben grande