clase
lat classe ‘clase, orde, categoría’
-
s
f
Grupo de individuos ou obxectos con características afíns que resultan da división dun conxunto.
-
s
f
-
Calidade dalgunha cousa segundo as súas características ou o seu valor.
-
Calidade de quen demostra polo seu comportamento e aspecto físico unha boa educación, elegancia ou bo gusto.
-
-
-
s
Grupo de persoas que se diferencia polo lugar que ocupa nun sistema de produción social determinado en relación cos medios de produción, polo seu papel na organización social do traballo e pola magnitude da parte de riqueza social de que dispón e do xeito en que a obtén.
-
loita de clases
Enfrontamento que se produce entre dúas clases antagónicas cando loitan, non exclusivamente polos seus intereses inmediatos, senón polos seus intereses a longo prazo.
-
s
-
s
f
[BIOL ]
Taxon comprendido entre a orde e a división (nas plantas) ou entre a orde e o filo (nos animais).
-
s
f
[BOT/XEOG ]
Unidade da sistemática fitosociolóxica, superior á orde e inferior á división.
-
s
f
[EDUC ]
Lección que actúa como referente da comunicación docente dun grupo, nivel ou curso concreto.
-
s
f
[FILOS ]
Conxunto de entidades que posúen como mínimo unha característica común.
-
s
f
-
Conxunto de observacións que, nunha estatística, presentan os valores dos seus elementos comprendidos entre dúas cantidades dadas.
-
Calquera subconxunto dun conxunto dado, formado polos elementos que son equivalentes entre si para unha determinada relación de equivalencia.
-
-
s
m
[LING ]
Conxunto de lexemas, segundo Coseriu que, independentemente da estrutura do campo léxico, se relacionan por medio dun trazo diferenciador do contido común e aparecen nunha combinación análoga gramatical ou lexicalmente.
-
clase espectral
[ASTRON/XEOG ]
Cada un dos conxuntos de pixels con resposta espectral semellante que se orixinan no proceso de análise dunha imaxe dixital.
-
clase pasiva
[DER ]
Conxunto de persoas que perciben prestacións económicas en forma de pensións do Estado, do concello ou doutro organismo, por razón dos servizos prestados anteriormente por eles mesmos ou por algún familiar e en proporción ás cotizacións satisfeitas e aos anos de permanencia.
Sinónimos
Confrontaciones
categoría, ordeCitas
- O restaurante do que che falei ofrece un servicio de primeira clase, Sempre compra productos de primeira clase, Comprou uns billetes de segunda clase
- Só unha determinada clase de persoas é capaz de asumir certos retos, A película está dirixida a toda clase de público, Fixemos unha minestra con varias clases de verduras
- Viste con moita clase