orde

orde

lat ordĭne

Plural: ordes
    1. s

      Disposición regular das cousas ou persoas, unhas en relación coas outras no lugar correspondente.

    2. s

      Procedemento metódico e fixado que se segue ao realizar algunha actividade.

    3. s [SOCIOL ]

      Compendio de regras e leis inspiradoras e aglutinantes dunha sociedade.

    4. fenómenos de orde-desorde [FÍS ]

      Conxunto de cambios de fase diferenciados polo grao de ordenación dos seus compoñentes.

    5. forzas da orde [BÉL ]

      Corpos armados, sometidos a disciplina militar, encargados de manter a orde pública.

    6. orde anxélica [RELIX ]

      Cada un dos nove graos da xerarquía anxélica, dividida en tres coros, establecida no s VI a partir dunhas categorías bíblicas.

    7. orde natural [ECON ]

      Situación óptima que, segundo os fisiócratas, pode acadar a orde que existe se se cumpren as leis naturais, inmutables e absolutas que rexen todos os fenómenos sociais.

    8. orde pública [DER ]

      Situación de respecto das normas establecidas para a sociedade, que permiten a convivencia social.

    1. s

      Categoría ou clase na que se clasifican as persoas, animais ou cousas.

    2. s [BIOL ]

      Categoría taxonómica de rango inferior á clase superior e á familia.

    3. s [RELIX ]

      Rito cristián, mediante o que a Igrexa promove a un dos seus membros, considerado idóneo, a un determinado grao do ministerio eclesial: diaconado, presbiterado ou episcopado.

    4. orde arquitectónica [ARTE ]

      Estilo de construción, na arquitectura grega e romana, que se distingue polos diferentes criterios de disposición dos elementos arquitectónicos fundamentais, polas proporcións respectivas e por outros elementos decorativos peculiares. En Grecia, as dúas ordes básicas foron a dórica e a xónica, que se formaron durante os ss VII-VI a C. A corintia, nacida durante o s IV a C, xeneralizouse durante a época romana.

    5. orde de batalla / [MAR/BÉL ]

      Disposición en que se ordenan os barcos dunha escuadra en combate e que varía segundo o tipo de barcos e o seu armamento.

    6. orde militar [HIST ]

      Institución relixioso-militar creada a partir de finais do s XI para defender os peregrinos que ían a Terra Santa a loitar contra os “infieis”.

    7. orde relixiosa [RELIX ]

      Sociedade de relixiosos, aprobada pola autoridade eclesiástica, que viven en comunidade baixo a observación dunha regra e que emiten votos solemnes.

  1. s f

    Mandamento ou prescrición que cómpre obedecer e seguir, como emanados dunha autoridade competente.

    1. orde dunha matriz cadrada

      Número de filas (e polo tanto de columnas) dunha matriz cadrada.

    2. relación de orde

      Relación binaria R entre os elementos dun conxunto C que é reflexiva, antisimétrica e transitiva. A parella (C, R) constitúe un conxunto ordenado, e os seus elementos denomínanse comparables. Algunhas relacións de orde importantes son a relación de igualdade, a de desigualdade ou a relación de inclusión entre conxuntos.

    3. s

      Clase dos conxuntos cos que un conxunto determinado pode establecer unha aplicación bixectiva.

    4. orde de infinidade

      Resultado de comparar dúas funcións f(x) e g(x) que toman o valor infinito cando x se achega a un certo valor a.

    5. orde de unidades

      Lugar que ocupa un díxito nun número.

    6. orde dun elemento dun grupo

      Orde do subgrupo xerado por un elemento dun grupo.

    7. orde dun grafo

      Número dos vértices nun grafo.

    8. orde dun infinitésimo

      Resultado de comparar un infinitésimo con outro infinitésimo que se toma como referencia.

    9. orde dunha derivada

      Número de derivacións que, respecto a unha función orixinal f, se fan ata chegar á derivada en cuestión.

Antónimos

Citas

  • Armouse unha liorta e tardaron horas en poñer orde na oficina
  • Comezaron a chamar aos opositores por orde alfabética
  • Hai que facer as cousas por orde para que non sospeite nada
  • Recibiu ordes do director e comezou a abrir os expedientes
  • Teño que colocar os apuntamentos en orde porque así non podo estudar

Formas incorrectas

orden

Refranes

  • Ben está o pe na pema e a pema no calzón.
  • Cada cousa no seu lugar aforra tempo para a buscar.
  • Fai primeiro o necesario e despois o voluntario.
  • Mentres capo, non asubío.
  • Mentres que se capa, non se rapa.
  • Na acea primeiro moe o que primeiro chega.
  • Quen vén o derradeiro chega ás veces o primeiro.