cinético -ca

cinético -ca
Plural: cinéticos Masculino: cinético Masculino plural: cinéticos Feminino: cinética Feminino plural: cinéticas
  1. adx
    1. Relativo ou pertencente ao movemento.

    2. Que está provocado polo movemento.

  2. adx

    Relativo ou pertencente á cinética.

  3. arte cinética [ARTE ]

    Corrente artística que incorpora o movemento real ou aparente á peza escultórica. Os grupos de investigación cinética buscaban acadar o movemento mediante aparatos luminotécnicos, móbiles sen motor, móbiles con forza magnética, obxectos transformables e movementos ocasionados pola percepción óptica.

  4. teoría cinética dos gases [FÍS ]

    Teoría que aplica as leis da mecánica clásica ao estudo dos gases, obtendo expresións macroscópicas que permiten determinar a presión, a enerxía interna e as calores específicas dos gases.

  5. literatura cinética [LIT ]

    Literatura que implica no lector unha acción máis ca unha experiencia estética.

Palabras vecinas

cinete cineteodolito cinética cinético -ca cinétida cinetina cinetocoro