cinético -ca
cinético -ca
Plural:
cinéticos
Masculino:
cinético
Masculino plural:
cinéticos
Feminino:
cinética
Feminino plural:
cinéticas
-
adx
-
Relativo ou pertencente ao movemento.
-
Que está provocado polo movemento.
-
-
adx
Relativo ou pertencente á cinética.
-
arte cinética
[ARTE ]
Corrente artística que incorpora o movemento real ou aparente á peza escultórica. Os grupos de investigación cinética buscaban acadar o movemento mediante aparatos luminotécnicos, móbiles sen motor, móbiles con forza magnética, obxectos transformables e movementos ocasionados pola percepción óptica.
-
teoría cinética dos gases
[FÍS ]
Teoría que aplica as leis da mecánica clásica ao estudo dos gases, obtendo expresións macroscópicas que permiten determinar a presión, a enerxía interna e as calores específicas dos gases.
-
literatura cinética
[LIT ]
Literatura que implica no lector unha acción máis ca unha experiencia estética.