cinética

cinética

gr κινητικός ‘relativo ó movemento’

Plural: cinéticas
  1. s f [FÍS ]

    Rama da dinámica que trata dos efectos que as forzas e os momentos producen no movemento dos corpos materiais.

  2. cinética de reactores [FÍS/TECNOL ]

    Parte da teoría de reactores nucleares que estuda a evolución da potencia destes reactores en función do tempo.

  3. cinética química/de reacción [QUÍM/FÍS ]

    Ciencia que estuda as velocidades e os mecanismos en que transcorren as reaccións químicas.

  4. enerxía cinética [FÍS ]

    Enerxía dun corpo a causa do seu movemento.