chegar

chegar

lat plicāre ‘pregar’

  1. v t

    Poñer algunha cousa xunto a outra, ou achegala a alguén.

  2. v i

    Pasar a estar nun determinado lugar despois de percorrer unha distancia desde outro lugar.

  3. v i

    Acadar un determinado punto do espazo a través dun movemento ou dun desprazamento.

  4. v i

    Pasar a estar presente nun determinado tempo.

  5. v i

    ivir unha persoa ou durar unha cousa ata un momento determinado.

  6. v i

    Ter a suficiente altura ou tamaño para algunha cousa.

  7. v i

    Estar unha persoa ou unha cousa a certo nivel ou a determinada altura con respecto a outra.

  8. v i

    Conseguir alguén unha determinada posición ou obxectivo marcado.

  9. v i

    Acadar algunha cousa certa cantidade ou número.

  10. v i

    Ser suficiente.

  11. v pron

    Pórse a unha distancia menor dalgunha cousa ou de alguén.

  12. v pron

    Desprazarse a algún lugar determinado e próximo.

  13. v pron

    Saír na busca de algúen que vén de camiño.

Sinónimos

Antónimos

Confrontaciones

comezar

Citas

  • A escada non chega para pintar a parte máis alta da fachada, Non chego para coller a froita da laranxeira
  • A marea chega a estas rochas
  • Chega a moto aquí, Cheguei a roupa ao lume para que secase
  • Chegaron de Lugo hai un pouco
  • Chégate ao supermercado e merca sal iodado
  • Chegou a época de neve, Chegou o día do exame e aínda non o tiña ben preparado
  • Chegueime á ventá porque ía moita calor
  • Ninguén se explica cómo chegou a catedrático
  • O meu irmán pequeno chégame á cintura, As mangas chéganlle ás puntas dos dedos
  • O prezo non chega ás dúas mil pesetas, Os operarios que secundaron o paro chegaron a cinco mil, O salto non chegou aos sete metros
  • O seu berro de dor chegoulle á alma
  • Os dous chegaron a vellos, Os traxes do meu pai chegaron novos ata hoxe
  • Os manifestantes que había chegaron para cortar o tráfico, A tea que compraches non chega para facer as cortinas
  • Se tedes tanta présa chegámonos ata a estrada para que nos recollades

Frases hechas

  • Chegar a Venezuela. Desaparecer para sempre.

  • 1 Chegar da campa

  • 2 Chegar a punto para entrar nalg

  • Chegar a + infinitivo. Per

  • Chegar a partir as peras. Pelexar ou enfrontarse.

  • Chegar a Venezuela. Desaparecer para sempre.

  • Chegar batendo as tercianas. Estar moi delgado.

  • Chegar coa marea.

  • Chegar como a auga do trono. Chegar de forma inesperada.

  • Chegar e apor/bicar/ encher/espetar. Indica que algunha cousa se consegue doadamente ou con rapidez.

  • Chegar na punta do tempo. Chegar un barco a porto xusto antes de que comece o mal tempo.

  • Chegar o mar en terra. Subir moito a marea.

  • Chegar os mares. Vir as ondas xuntas, entre tres e seis, dependendo do mal que estea o tempo.

  • Chegar tarde e mal a rastro/tarde, mal e a rastro/mal e nunca. Chegar a deshora.

  • Chegar(lle) a un animal a man. Mantelo ben.

  • Chegarse en terra. Achegarse unha embarcaci

  • Non chegar a un dente. Apl

Refranes

  • Ben a tempo acode o que a tempo foxe.
  • Vale máis chegar a tempo que roldar un ano / que ruar un ano.
Conjugar
VERBO chegar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chego
chegas
chega
chegamos
chegades
chegan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chegaba
chegabas
chegaba
chegabamos
chegabades
chegaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cheguei
chegaches
chegou
chegamos
chegastes
chegaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chegara
chegaras
chegara
chegaramos
chegarades
chegaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chegarei
chegarás
chegará
chegaremos
chegaredes
chegarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chegaría
chegarías
chegaría
chegariamos
chegariades
chegarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chegue
chegues
chegue
cheguemos
cheguedes
cheguen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chegase
chegases
chegase
chegasemos
chegasedes
chegasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chegar
chegares
chegar
chegarmos
chegardes
chegaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
chega
-
-
chegade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chegar
chegares
chegar
chegarmos
chegardes
chegaren
Xerundio chegando
Participio chegado
chegada
chegados
chegadas