arredar

arredar

lat * adretare ad + retro ‘atrás’

  1. v t

    Desprazar ou facer ir cara a atrás.

  2. v t

    Poñer lonxe dun sitio algo ou alguén.

  3. v t

    Separar algo ou alguén dun posible perigo.

  4. v t

    Botar para atrás a causa dun temor.

  5. v t

    Separar a alguén ou algo do trato con outros, desaparecendo a relación que existía antes entre eles.

  6. v i

    Moverse cara a atrás.

  7. v i

    Separarse alguén do trato con outros, desaparecendo a relación que existía entre eles. Tm v pron.

  8. v pron

    Pórse alguén a unha certa distancia dalgún sitio.

Sinónimos

Antónimos

Confrontaciones

atemorizar

Citas

  • Ariel arreda o coche da porta da súa casa
  • Arreda a manta da estufa que pode provocar un incendio, Arrédate de Brais, non é boa compaña para ti
  • Arredaron a Fernando da presidencia porque non cumpría coas súas funcións
  • Arredáronse da porta porque entraba o frío
  • Arrédate dos teus amigos, non son de fiar
  • As chamas do incendio arredaron os bombeiros
  • Cando ía largarme daquel sitio, o descaradura agarroume polo gabán e arredoume da porta
  • Como non arredes do lume, vaste queimar a roupa
  • Iria non se arreda ante nada
  • O arquitecto arredouno do proxecto de edificación
Conjugar
VERBO arredar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arredo
arredas
arreda
arredamos
arredades
arredan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arredaba
arredabas
arredaba
arredabamos
arredabades
arredaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arredei
arredaches
arredou
arredamos
arredastes
arredaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arredara
arredaras
arredara
arredaramos
arredarades
arredaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arredarei
arredarás
arredará
arredaremos
arredaredes
arredarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arredaría
arredarías
arredaría
arredariamos
arredariades
arredarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arrede
arredes
arrede
arredemos
arrededes
arreden
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arredase
arredases
arredase
arredasemos
arredasedes
arredasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arredar
arredares
arredar
arredarmos
arredardes
arredaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
arreda
-
-
arredade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arredar
arredares
arredar
arredarmos
arredardes
arredaren
Xerundio arredando
Participio arredado
arredada
arredados
arredadas