chancelaría

chancelaría
Plural: chancelarías
  1. s f

    Cargo ou oficio de chanceler.

  2. s f [HIST ]

    Oficina que se encarga de expedir ou copiar documentos reais, de dignatarios nobres ou eclesiásticos e dirixida por un chanceler.

  3. s f [DER ]

    Centro diplomático desde onde se dirixe a política exterior dun estado.

  4. chancelaría apostólica [RELIX ]

    Oficina ou tribunal da curia romana, que se encarga de expedir as letras apostólicas e as bulas, e da custodia do selo de chumbo e do anel do Pescador.

Palabras vecinas

chancear chanceira chancela chancelaría chanceler chancelería chanchada