chamar

chamar

lat clamāre

  1. v t
    1. Facer que unha persoa ou animal atenda ou acuda ao pronunciar o seu nome en voz alta ou facer ruídos e acenos.

    2. Comunicarse ou tentar comunicarse con alguén a través do teléfono.

    3. Facer, utilizando o medio establecido para ese fin, que unha persoa acuda a un lugar determinado.

    4. Accionar o botón que pon en funcionamento o mecanismo dun ascensor.

  2. v t

    Pedirlle axuda a alguén.

  3. v t
    1. Aplicar un nome ou un sobrenome a alguén ou a algo.

    2. Aplicar a alguén un cualificativo que exprese algún tipo de sentimento.

  4. v t

    Guiar un animal de tiro polo lugar axeitado.

  5. v t

    Designar a alguén para ocupar un cargo ou contar cunha persoa para realizar un traballo.

  6. v t

    Exercer unha cousa atracción sobre unha persoa, animal ou sobre outra cousa.

  7. v i

    Dar golpes nalgún sitio ou accionar algún mecanismo para pedir permiso para entrar ou para que abran.

  8. v i

    Causar atracción a alguén unha cousa ou unha persoa.

  9. v pron

    Ter por nome ou apelido o que se expresa.

Sinónimos

Confrontaciones

apelar, invocar, petar

Citas

  • A dor era moi grande e chamou toda a noite por Deus
  • As campás chamaban a xente á misa, Chegoulle unha citación xudicial que o chamaba a declarar no xuízo, Telefonei para chamar unha ambulancia, Chamaron a filas os militares da reserva
  • Chamaba mal os bois e os regos saíanlle tortos
  • Chamábanlles os do Roxo), aínda que tamén admite un pronome de acusativo ( Cando naceron os dous xemelgos chamáronos Pedro e Xoán)
  • Chamei tres veces á porta pero ninguén me escoitaba, Chamou ao timbre e xa lle abriron
  • Chamoulle gordo e non lle gustou nada), aínda que tamén admite un pronome persoal de acusativo ( Chamouno parvo máis dunha vez)
  • Díxenlle que me chamara ao meu móbil, Chamaban o pai todos os días, OBS: Pode empregarse seguido da preposición por (Foi chamar por teléfono)
  • Este asado chama por un bo viño tinto, O pantalón novo chámache por uns zapatos menos rotos
  • Isto chámase roca e aquilo fuso, De nome chámase Carme e de apelido, Vázquez
  • Non me chaman nada as festas do verán
  • O amor nos cancioneiros medievais
  • O artigo chámase
  • O can non lle obedeceu ata que o chamou cun asubío, Por máis que o chamei, non me contestou, OBS: Pode empregarse seguido da preposición por (Chamou polo rapaz para lle levara de comer)
  • O conselleiro chamouno para ocupar o posto de director xeral, Chamouno para realizar a complicada operación
  • Pediulle que o chamara ás sete e media
  • Sempre oín que os cartos chaman os cartos, O mel chama as moscas, A aventura chama os aventureiros
  • Vai saíndo ti e chama o ascensor

Frases hechas

  • Chamarse Xan da nega. Non ser capaz de cumprir o que se prometera.

  • Chamar adiante. Advertencia que se lle fai

  • Chamar dereito. Advertencia que se lle fai

  • Chamar o cabo. Tirar do cabo cara

  • Chamarse a engano un. Enganarse.

  • Chamarse andaina. Non cumprir co que se prometera.

Conjugar
VERBO chamar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chamo
chamas
chama
chamamos
chamades
chaman
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chamaba
chamabas
chamaba
chamabamos
chamabades
chamaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chamei
chamaches
chamou
chamamos
chamastes
chamaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chamara
chamaras
chamara
chamaramos
chamarades
chamaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chamarei
chamarás
chamará
chamaremos
chamaredes
chamarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chamaría
chamarías
chamaría
chamariamos
chamariades
chamarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chame
chames
chame
chamemos
chamedes
chamen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chamase
chamases
chamase
chamasemos
chamasedes
chamasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chamar
chamares
chamar
chamarmos
chamardes
chamaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
chama
-
-
chamade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chamar
chamares
chamar
chamarmos
chamardes
chamaren
Xerundio chamando
Participio chamado
chamada
chamados
chamadas