adherir

adherir

lat adhaerēre ad ‘a’ + haerēre ‘estar unido’

  1. v t

    Aplicar algunha cousa á superficie doutra facendo que se agarre.

  2. v i

    Quedar pegado algunha cousa a outra. Tm v pron.

  3. v pron
    1. Manifestarse alguén de acordo cunha opinión ou doutrina.

    2. Integrarse nun partido político ou movemento asociativo.

Sinónimos

Antónimos

Confrontaciones

fixar

Citas

  • A resina adhírese aos dedos, O sobre está adherido pola humidade
  • O claustro en pleno adheriuse á homenaxe do vello profesor
  • O pintor tardou dúas horas en adherir o papel ás paredes do salón
  • Rapidamente se adheriu ás ideas socialistas e militou no partido
Conjugar
VERBO adherir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adhiro
adhires
adhire
adherimos
adherides
adhiren
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adhería
adherías
adhería
adheriamos
adheriades
adherían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adherín
adheriches
adheriu
adherimos
adheristes
adheriron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adherira
adheriras
adherira
adheriramos
adherirades
adheriran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adherirei
adherirás
adherirá
adheriremos
adheriredes
adherirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adheriría
adherirías
adheriría
adheririamos
adheririades
adherirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adhira
adhiras
adhira
adhiramos
adhirades
adhiran
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adherise
adherises
adherise
adherisemos
adherisedes
adherisen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adherir
adherires
adherir
adherirmos
adherirdes
adheriren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
adhire
-
-
adheride
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adherir
adherires
adherir
adherirmos
adherirdes
adheriren
Xerundio adherindo
Participio adherido
adherida
adheridos
adheridas