adhesión

adhesión

lat ad + haesione adhaerere ‘estar unido’

Plural: adhesións
  1. s f

    Acción e efecto de adherir ou adherirse.

  2. s f [DER ]

    Acto polo que un estado acepta as obrigacións dun tratado concluído por outros estados.

  3. s f [FÍS ]

    Forza que se opón á separación de dous corpos postos en contacto íntimo e que é debida á atracción mutua das moléculas.

  4. s f [QUÍM/FÍS ]

    Fenómeno por medio do que dúas superficies se manteñen xuntas por forzas intermoleculares.

Sinónimos

Citas

  • A adhesión a ideas políticas extremistas sempre trae problemas, A adherencia deste pegamento é moi forte