castigo

castigo

castigar

Plural: castigos
  1. s m

    Acción e efecto de castigar.

  2. s m
    1. Pena provocada conscientemente co fin de corrixir un comportamento considerado desaxustado e afastado do que se considera normativo.

    2. Escarmento que se lle fai a alguén para que non volva cometer o mesmo acto e lle sirva de exemplo.

Sinónimos

Citas

  • No xuízo saíulle un castigo de dez anos de cárcere
  • Púxeronlle un castigo por chegar tarde
  • ¡Que castigo de rapaz, non fai máis ca trasnadas!, ¡É un castigo esa grúa da estrada co barullo que fai!

Refranes

  • A besta comedora, pedras na cebada.
  • A besta mala, espora e vara.
  • A burro frouxo, arrieiro tolo que lle malle o lombo.
  • Á curta ou á larga todo se paga.
  • Azóuteme miña nai e non mo saiba meu pai.
  • Ben burro é o que padece por culpas que outro merece.
  • Besta que pouco anda, nunca falta quen a tanga.
  • Cando morre a ovella, paga o pastor coa pelexa.
  • Castigo de dura: unha no cravo e outra na ferradura.
  • Castigo de vella non fai moita mella.
  • Co castigo o bo faise mellor e o malo faise peor.
  • Co castigo o malo faise mellor e o bo fai o peor.
  • Cos escarmentados fanse os avisados.
  • Dálle tres cuneas a quen non che queira o caldo.
  • Dos escarmentados nacen os espabilados.
  • Fana os cochos e págana os bacoriños.
  • Ninguén as faga, que tarde ou cedo se pagan.
  • Ninguén as fai que non as pague máis cedo ou máis tarde.
  • Non fai tanto a zorra nun ano, como paga nunha hora.
  • O que a un fostiga, a un cento castiga.
  • Pau porque remas e pau porque non remas.
  • Pau, se remas; e pau, se non remas.
  • Por culpa do burro mallan na albarda.
  • Porque un burro dea un couce, non se lle ha corta-la pata.
  • Se non houbera castigo no mundo, non andaría ninguén seguro.
  • Xogan os burros e páganas os arrieiros.
  • ¡Bastos son tronfos!
  • ¡Benia o varón que por si se castiga e por outro non!