castigo
castigo
castigar
-
s
m
Acción e efecto de castigar.
-
s
m
-
Pena provocada conscientemente co fin de corrixir un comportamento considerado desaxustado e afastado do que se considera normativo.
-
Escarmento que se lle fai a alguén para que non volva cometer o mesmo acto e lle sirva de exemplo.
-
Sinónimos
Citas
- No xuízo saíulle un castigo de dez anos de cárcere
- Púxeronlle un castigo por chegar tarde
- ¡Que castigo de rapaz, non fai máis ca trasnadas!, ¡É un castigo esa grúa da estrada co barullo que fai!
Refráns
- A besta comedora, pedras na cebada.
- A besta mala, espora e vara.
- A burro frouxo, arrieiro tolo que lle malle o lombo.
- Á curta ou á larga todo se paga.
- Azóuteme miña nai e non mo saiba meu pai.
- Ben burro é o que padece por culpas que outro merece.
- Besta que pouco anda, nunca falta quen a tanga.
- Cando morre a ovella, paga o pastor coa pelexa.
- Castigo de dura: unha no cravo e outra na ferradura.
- Castigo de vella non fai moita mella.
- Co castigo o bo faise mellor e o malo faise peor.
- Co castigo o malo faise mellor e o bo fai o peor.
- Cos escarmentados fanse os avisados.
- Dálle tres cuneas a quen non che queira o caldo.
- Dos escarmentados nacen os espabilados.
- Fana os cochos e págana os bacoriños.
- Ninguén as faga, que tarde ou cedo se pagan.
- Ninguén as fai que non as pague máis cedo ou máis tarde.
- Non fai tanto a zorra nun ano, como paga nunha hora.
- O que a un fostiga, a un cento castiga.
- Pau porque remas e pau porque non remas.
- Pau, se remas; e pau, se non remas.
- Por culpa do burro mallan na albarda.
- Porque un burro dea un couce, non se lle ha corta-la pata.
- Se non houbera castigo no mundo, non andaría ninguén seguro.
- Xogan os burros e páganas os arrieiros.
- ¡Bastos son tronfos!
- ¡Benia o varón que por si se castiga e por outro non!