castigar

castigar

lat castigāre ‘reprender’

  1. v t

    Impoñerlle un castigo a alguén por cometer unha falta ou un delito.

  2. v t

    Mortificar fisicamente o corpo ou unha parte del.

  3. v t

    Estimular as cabalarías para que corran máis dándolle cun látego ou cunhas esporas.

  4. v t

    Danar algunha cousa un fenómeno natural.

  5. v t [ECOL ]

    Realizar unha extracción excesiva dun recurso natural renovable de xeito que se poña en perigo o seu sostemento.

  6. v pron

    Atormentarse unha persoa ao se sentir culpable dalgún suceso.

Sinónimos

Citas

  • A xeada este ano castigou as colleitas
  • Castigaba o lombo cun látego na procesión, Lavar a roupa no río castiga moito as mans
  • Castigaron o caladoiro ata que quedou sen peixe
  • Castigárono con dous anos de cadea
  • Este carreteiro castiga moito os animais
  • Logo de sufrir o accidente castigábase porque non fora cuidadosa abondo na conducción
  • Tantos regalos castigan moito o peto
Conjugar
VERBO castigar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
castigo
castigas
castiga
castigamos
castigades
castigan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
castigaba
castigabas
castigaba
castigabamos
castigabades
castigaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
castiguei
castigaches
castigou
castigamos
castigastes
castigaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
castigara
castigaras
castigara
castigaramos
castigarades
castigaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
castigarei
castigarás
castigará
castigaremos
castigaredes
castigarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
castigaría
castigarías
castigaría
castigariamos
castigariades
castigarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
castigue
castigues
castigue
castiguemos
castiguedes
castiguen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
castigase
castigases
castigase
castigasemos
castigasedes
castigasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
castigar
castigares
castigar
castigarmos
castigardes
castigaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
castiga
-
-
castigade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
castigar
castigares
castigar
castigarmos
castigardes
castigaren
Xerundio castigando
Participio castigado
castigada
castigados
castigadas