capio

capio

lat caput ‘cabeza’

Plural: capios
  1. s m

    Extremo máis groso dun vimbio que se retorce na parte máis delgada deste co fin de apertar e atar algo máis fortemente.

  2. s m

    Gancho ou aro de madeira colocado na punta dunha corda por onde se mete o outro extremo para que sexa máis doada a operación de atado dun feixe ou similar.

Citas

  • Á corda caeulle o capio e foi máis difícil atar o monllo da herba
  • Rompeulle o capio e desfíxose o monllo de millo serodio