cantar
1 cantar
-
s
m
Composición cantada.
-
-
s
Composición poética formada por unha estrofa de catro versos de arte menor con rima asonante nos pares.
-
cantar de xesta
Poema narrativo medieval en lingua románica, centrado en feitos históricos con moitos elementos lendarios que era divulgado polos xograres.
-
s
-
-
cantar de aninovo
Composición coñecida como xaneira, anibón e panxoliña que presenta unha estrutura simple e que era executada por rapaces e mozos diante das casas.
-
cantar de arrieiro
Canto propio dos arrieiros caracterizado por ter un ritmo lento e monótono.
-
cantar de berce
Canto de melodía monótona e ritmo suave, que se emprega para facer durmir os nenos.
-
cantar de canteiros
Canto entoado por persoas que traballan nos labores de erguer pedra, que se caracteriza por conter vocabulario da xerga dos canteiros.
-
cantar de cego
Canto entoado polos cegos en festas e romarías acompañado por un violín ou por unha zanfona. OBS: Tamén se denomina romance de cego.
-
cantar de espadelada
Canto entoado polas mulleres cando espadelan o liño.
-
cantar de aninovo
Sinónimos
Citas
- Aquel cantar fíxome lembrar con nostalxia a miña mocidade na aldea