cantar

cantar

lat cantāre lat canĕre ‘cantar’

  1. v t

    Reproducir coa voz unha melodía. Tm v i.

  2. v t

    Loar de forma literaria algunha cousa ou a alguén.

  3. v t

    Proclamar en alta voz, no xogo do bingo, que se completou unha liña ou o cartón enteiro.

  4. v t

    Facer, nalgúns xogos de cartas, como o tute, corenta ou vinte puntos.

  5. v t  

    Declarar ou confesar cousas que se deberían manter en segredo.

  6. v i

    Emitir o seu canto as aves, os insectos e outros animais.

  7. v i

    Producir unha cousa un son peculiar ou característico.

Sinónimos

Citas

  • A veciña do cuarto canta moi ben
  • As galiñas deberon poñer máis ovos porque xa volveron cantar
  • Cando o detivo a policía cantou o nome dos seus cómplices
  • Cantaron un harmonioso Ave María
  • Na casa da miña avoa escóitase como cantan os xílgaros
  • Nunha mesma noite cantou bingo dúas veces
  • O motor do frigorífico industrial canta coma un muíño
  • Perdemos a partida aínda que cantamos as corenta
  • Poucos autores cantaron as clases populares como Castelao
  • Sempre escoito como cantan os grilos pola noite
  • Xa cantaron o premio gordo da lotería, Góstame oír como cantan o prezo do peixe na lonxa
  • Xa case non se escoita cantar os carros diante da casa, Boteille graxa aos gonzos da porta para que non cantasen

Frases hechas

  • As cartas cantan. Empr

  • Canta como unha calandra. Apl

  • Cantar a libro aberto. Ler m

  • Cantar a morte do tres. Matar o tres no xogo da brisca.

  • Cantar a zapateira. No xogo da brisca, deixar o contrincante con moi poucos puntos.

  • Cantar as do barqueiro/as corenta

  • Cantar de cheo. Confesar algunha cousa na s

  • Cantar na man. Ser p

  • Cantar o peixe. Poxalo en voz alta.

  • Cantar os dentes. Tremer.

  • Como se cantase un carro/un can. Sen facer caso.

Conjugar
VERBO cantar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
canto
cantas
canta
cantamos
cantades
cantan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cantaba
cantabas
cantaba
cantabamos
cantabades
cantaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cantei
cantaches
cantou
cantamos
cantastes
cantaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cantara
cantaras
cantara
cantaramos
cantarades
cantaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cantarei
cantarás
cantará
cantaremos
cantaredes
cantarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cantaría
cantarías
cantaría
cantariamos
cantariades
cantarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cante
cantes
cante
cantemos
cantedes
canten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cantase
cantases
cantase
cantasemos
cantasedes
cantasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cantar
cantares
cantar
cantarmos
cantardes
cantaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
canta
-
-
cantade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cantar
cantares
cantar
cantarmos
cantardes
cantaren
Xerundio cantando
Participio cantado
cantada
cantados
cantadas