cabeceiro

cabeceiro

cabeza

Plural: cabeceiros
  1. s m

    Saco cheo de diversos materiais para apoiar a cabeza na cama.

  2. s m

    Corda que se lles pon na cabeza ás bestas para atalas, suxeitalas ou conducilas.

  3. s m

    Parte superior dunha leira que se labra en sentido transversal ao final.

  4. s m [ARQUIT ]

    Lintel de madeira ou elemento superior no marco dunha ventá.

  5. s m [PESCA ]

    Parte extrema da rede que teñen os aparellos dalgunhas artes de pesca.

Sinónimos

Citas

  • A cabeceira é a parte que está máis mala de traballar porque sempre se pisa moito
  • O médico díxolle que tiña que durmir sen cabeceiro
  • Púxolle un cabeceiro novo á egua

Palabras vecinas

cabazo cabecear cabeceira cabeceiro cabeceo cabeco cabedelo