cadullo

cadullo

lat capitolio ‘cabeceira’

Plural: cadullos
  1. s m
    1. Porción de terra dunha leira onde non chega o arado, por non poder virar os bois, que logo vai ser labrada de través.

    2. Cada un dos sucos que se aran nesta franxa de terra.

    3. Franxa de terra que se deixa sen cultivar e que serve de lindeiro entre dúas leiras.

  2. s m

    Terrón compacto que se levanta ao arar.

  3. s m

    Grumo que se forma cando calla unha substancia.

Sinónimos

Confrontaciones

cabeceira, torna

Citas

  • A terra estaba moi mollada, por iso o arado deixou moitos cadullos
  • Aínda non recollemos as patacas que plantamos nos cadullos
  • Plantaron árbores froiteiras no cadullo da veiga
  • Remexe máis o leite porque formou moitos cadullos, No sangue fórmanse moitos cadullos
  • Segou a herba do cadullo para que non asombrase o millo