burro -rra

burro -rra

lat burricu ‘cabalo pequeno’

Plural: burros Masculino: burro Masculino plural: burros Feminino: burrra Feminino plural: burrras
  1. [ANIMAL ]

    Mamífero ungulado, da familia dos équidos, de orellas longas, cabeza grande, pescozo case horizontal con crinas curtas e rizadas, pezuños finos e cola longa rematada nun pincel de pelos. Emprégase como animal de carga, monta e tiro.

  2. [ANIMAL/ICT ]

    lorcho.

  3. [ANIMAL ]

    Molusco bivalvo de cuncha grosa e dura.

  4. Armazón xiratoria de madeira que se usa para pendurar a gramalleira ou o pote ou para erguer a moa do muíño.

  5. adx

    Que posúe pouca intelixencia e ten dificultades para a comprensión. Tm s.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • Carrexou todas as patacas no burro
  • É moi burro e non ten tacto ningún coas mulleres
  • Es un burro, non paras de traballar en todo o día
  • Non tires tanto da gramalleira que pode romper o burro
  • Sempre foi un burro para as materias de letras

Frases hechas

  • Burro de carga. Persoa que fai traballos pesados ou que traballa en exceso.

  • Caer do burro. Acabar de entender algo.

  • Non poder dar no burro e dar na albarda. Facer pagar a culpa

  • Non ver un burro a tres pasos. Ver mal.

Refranes

  • Á burra axeonllada dobrarlle a carga.
  • A burra preñada, cargala ata que para; e, despois de parida, cargala cada día.
  • Á burra que é tarda ponlle a peor albarda.
  • A burro pardo, arrieiro arroutado.
  • Ave de albarda, anque non voe, ben se garda.
  • Cando a burra está morta, está a pelexa á porta.
  • Cando un burro omea, sempre hai outro que escoucea.
  • De burro abaixo non hai peor besta.
  • O burro non anda senón coa albarda e a carga.
  • O burro pequeniño sempre é borriquiño.
  • Onde cae o burro, dánselle os pauso
  • Onde os burros andan, alí escoucean.
  • Polo san Pedro o burro quedo.
  • Se tódolos burros trouxeran albarda, os albardeiros moito gañaban.
  • Vale máis burro ser, que con burros debater.