burro -rra
burro -rra
lat burricu ‘cabalo pequeno’
-
[ANIMAL ]
Mamífero ungulado, da familia dos équidos, de orellas longas, cabeza grande, pescozo case horizontal con crinas curtas e rizadas, pezuños finos e cola longa rematada nun pincel de pelos. Emprégase como animal de carga, monta e tiro.
-
[ANIMAL/ICT ]
lorcho.
-
[ANIMAL ]
Molusco bivalvo de cuncha grosa e dura.
-
Armazón xiratoria de madeira que se usa para pendurar a gramalleira ou o pote ou para erguer a moa do muíño.
-
adx
Que posúe pouca intelixencia e ten dificultades para a comprensión. Tm s.
Sinónimos
Antónimos
Citas
- Carrexou todas as patacas no burro
- É moi burro e non ten tacto ningún coas mulleres
- Es un burro, non paras de traballar en todo o día
- Non tires tanto da gramalleira que pode romper o burro
- Sempre foi un burro para as materias de letras
Frases feitas
-
Burro de carga. Persoa que fai traballos pesados ou que traballa en exceso.
-
Caer do burro. Acabar de entender algo.
-
Non poder dar no burro e dar na albarda. Facer pagar a culpa
-
Non ver un burro a tres pasos. Ver mal.
Refráns
- Á burra axeonllada dobrarlle a carga.
- A burra preñada, cargala ata que para; e, despois de parida, cargala cada día.
- Á burra que é tarda ponlle a peor albarda.
- A burro pardo, arrieiro arroutado.
- Ave de albarda, anque non voe, ben se garda.
- Cando a burra está morta, está a pelexa á porta.
- Cando un burro omea, sempre hai outro que escoucea.
- De burro abaixo non hai peor besta.
- O burro non anda senón coa albarda e a carga.
- O burro pequeniño sempre é borriquiño.
- Onde cae o burro, dánselle os pauso
- Onde os burros andan, alí escoucean.
- Polo san Pedro o burro quedo.
- Se tódolos burros trouxeran albarda, os albardeiros moito gañaban.
- Vale máis burro ser, que con burros debater.