cabalo

cabalo

(

Plural: cabalos
    1. s

      Mamífero, da familia dos équidos, herbívoro e gregario, de tamaño grande e extremidades longas, que só presenta un dedo desenvolvido, que está recuberto por un pezuño ou casco.

    2. cabalo albardeiro

      Cabalo empregado para a carga ou o transporte.

    3. cabalo bravo/rabanés

      Cabalo que vive en estado salvaxe.

    4. cabalo galego de monte

      Raza de cabalos autóctonos de Galicia que presenta individuos de corta alzada, de cor castaña, e a crina e a cola xeralmente negras.

    5. cabalo pinto

      Cabalo que é de máis cores ca unha.

  1. s m
    1. Figura que representa un cabalo.

    2. [XOGO ]

      Cada unha das catro pezas do xogo do xadrez, dúas brancas e dúas negras, que teñen a figura da cabeza dun cabalo. Segue un movemento en forma de L e pode saltar por riba doutras pezas.

    3. [XOGO ]

      Carta da baralla que pertence a cada un dos catro paus que ten pintado un home a cabalo e que está marcada co número once.

  2. s

    2 heroína.

  3. s m [ANIMAL/ORNIT ]

    peto verdeal.

  4. s m [MAR ]

    Banqueta inclinada e provista de patas anteriores e posteriores.

  5. s m [DEP ]

    Aparato ximnástico para facer exercicios de salto.

  6. s m [PAT ]

    Dor do músculo do pescozo provocada por unha mala postura.

  7. cabalo de batalla
    1. Cabalo que os guerreiros reservaban para a batalla máis importante.

    2. Asunto moi disputado, sobre o que se insiste continuamente e que é motivo de moitas controversias.

  8. cabalo de Frisia
    1. [BÉL ]

      iga de madeira que se empregaba como defensa contra a cabalaría.

    2. Defensa accesoria contra persoas, formada por arame con puntas posto sobre un bastidor, formado por dúas cruces de santo Andrés unidas por un traveseiro, e que serve para pechar fendas, pasos ou rúas.

  9. cabalo de mar [ANIMAL/ICT ]

    Peixe da familia dos singnátidos, que presenta o corpo comprimido e alongado, coa cola prénsil, armado de placas dérmicas, grandes e rectangulares, ordenadas formando series de aneis. OBS: Tamén se denomina cabaliño de mar.

  10. cabalo de Troia
    1. [MIT ]

      Estatua colosal en forma de cabalo que construíron os gregos durante o asedio de Troia.

    2. [INFORM ]

      Programa de ordenador que posúe unha función destrutiva oculta.

  11. cabalo de vapor [METROL ]

    Unidade métrica de potencia que equivale a 735,4 W.

  12. cabalo do demo [ANIMAL/ENTOM ]

    Insecto estilizado e de gran tamaño como é o caso dos mántidos, dos tipúlidos e, especialmente, dos odonatos. OBS: Tamén se denomina cabaliño do demo.

  13. cabalo inglés [METROL ]

    Unidade inglesa de potencia que equivale a 745,7 W.

Sinónimos

Citas

  • Faltoulle o cabalo e perdeu o xogo
  • Foi ao medico porque tiña un cabaleiro e non podía mover o pescozo
  • Gañou a partida gracias a un bonito xaque de cabalo
  • No verán vense moitos cabalos no ceo
  • O soldado pasou a ser cabalo no seu novo posto
  • O verbo é o cabalo de batalla de moitas gramáticas
  • Partiu unha perna cando saltaba no cabalo
  • Serraron a madeira no cabalo
  • Tomou cabalo adulterado e morreu por sobredose

Frases hechas

  • A cabalo loc adv Coas pernas abertas como se se estivese sobre un cabalo. OBS: Tam

  • A unlla de cabalo. Con moita rapidez.

  • Andar no cabalo de san Francisco/Fernando. Ir a algures a p

  • De cabalo regalado a cabalo barrufeiro. Pasar de rico a pobre.

Formas incorrectas

acabalo, acobardado -da

Refranes

  • A cabalo comedor, ronzal curto.
  • A cabalo grande, esporas grandes.
  • A cabalo vello, pouca ferralla e moita cebada.
  • A cabalo vello, pouco verde.
  • A cabalo vello, pouco verde.
  • Alazán tostado, antes morto que cansado.
  • Cabalo alazán non o teñas contigo en san Xoán.
  • Cabalo grande, ande ou non ande.
  • Cabalo que voa non precisa espora.
  • Cabalo, galgo e fidalgo, bos, pero non medianos.
  • Carreira que non dá o cabalo, no corpo a leva;
  • Cebada e regalo fan o bo cabalo.
  • Dúas cousas quere o cabalo: paso de andadura e pescozo de galo.
  • No pisar coñécese o cabalo e o cabaleiro no gobemalo.
  • No seu esterco o cabalo engorda, cando ben repousa.
  • O barrufeiro no maio vólvese cabalo.
  • O barrufeiro non lle acae ben ao bo cabaleiro.
  • O cabalo e a muller a ninguén se han ofrecer.
  • O cabalo fai a egua.
  • O cabalo no seu esterco engorda, cando ben come e repousa.
  • O cabalo, panda; e o boi, corvado.
  • O que ten bo cabalo ten que saber montalo.
  • O rocín no maio vólvese cabalo.
  • Onde poida anda-lo carro, non vaia cabalo.