bóveda
lat *volvĭta volvĕre ‘volver, voltear’
-
-
Construción arquitectónica, de sección curva, que permite cubrir o espazo comprendido entre dous muros, piares ou columnas.
-
bóveda claustral/esquifada
Bóveda formada pola intersección de dúas bóvedas de canón sobre un soporte continuo, cadrado ou rectangular.
-
bóveda de abano/palmeada
Bóveda en que os nervios semellan varas dun abano ou pólas dunha palmeira.
-
bóveda de aresta
Bóveda que resulta do cruzamento perpendicular de dúas bóvedas de canón da mesma frecha.
-
bóveda de canón
Bóveda orixinada polo desprazamento dun arco de medio punto ao longo do seu eixe lonxitudinal.
-
bóveda de canón apuntado
Bóveda orixinada polo desprazamento dun arco apuntado ao longo dun eixe lonxitudinal.
-
bóveda de cruzaría/nervada/de oxivas
Bóveda que ten as arestas reforzadas por nervios.
-
bóveda de medio punto
Bóveda de canón con arco de medio punto.
-
falsa bóveda
cúpula.
-
-
bóveda celeste
[ASTRON ]
ceo.
-
bóveda cranial
[ANAT ]
Conxunto de ósos (frontal, occipital, parietais e temporais) que protexen o encéfalo.
-
bóveda palatina
[ANAT ]
Parte posterior e branda do padal.
Confrontaciones
cúpulaCitas
- A bóveda da igrexa estaba decorada con frescos