cúpula

cúpula

ital cùpola

Plural: cúpulas
    1. s

      Tipo de cuberta que, cunha superficie semiesférica xerada pola rotación dun eixe central, cobre unha planta constituída por un cilindro ou un polígono de moitos costados.

    2. cúpula de cuarteiróns/lobulada

      Cúpula levantada sobre unha base circular e dividida en elementos independentes que teñen curvada a súa base.

    3. falsa cúpula

      Cúpula construída pola superposición de fiadas.

  1. s f

    Conxunto de persoas que teñen ao seu cargo a dirección dalgunha organización.

  2. s f [BOT ]

    Parte do froito das fagáceas que envolve a base do aquenio.

  3. s f [BOT ]

    Arilo de teixo.

  4. s f [BOT ]

    Envoltura que nas pteridospermas inclúe unha ou máis sementes.

  5. s f [ANAT ]

    Parte alta de certos órganos e estruturas anatómicas.

  6. s f [XEOL ]

    Pequena protuberancia que se separa do corpo principal dunha intrusión ígnea.

Sinónimos

Citas

  • A cúpula dese partido político reuniuse para analizar os resultados electorais