bovino -na

bovino -na

lat bovīnu

Plural: bovinos Masculino: bovino Masculino plural: bovinos Feminino: bovina Feminino plural: bovinas
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos bovinos.

  2. m [ANIMAL ]

    Mamífero da subfamilia dos bovinos.

  3. m [ANIMAL ]

    Subfamilia de mamíferos, da familia dos bóvidos, que comprende individuos de grandes dimensións e de corpo macizo e pesado, con fociño longo, grande e sen pelo, un rabo longo, acabado nun pincel de pelos, e barbela. Foron empregados polo ser humano desde antano como animais domésticos.

  4. gando bovino

    Gando integrado por bois, vacas, becerros e outros representantes domésticos da subfamilia dos bovinos que se adaptan a diferentes tipos de explotación: intensiva ou totalmente estabulada, extensiva ou en réxime de pasto, e mixta ou semiestabulada.

Palabras vecinas

bóveda bovedilla bóvido -da bovino -na bowal* box* boxe