bondade

bondade

lat bonitāte

  1. f

    Calidade de quen é bo.

  2. f [METROL ]

    Exactitude dun instrumento de medida.

Antónimos

Confrontaciones

benevolencia

Citas

  • Agradeceu moito as túas bondades co seu fillo
  • Fíxate ben na bondade do tecido
  • Unha persoa dunha gran bondade é aquela que o dá todo polos demais

Refranes

  • a ben e o mal á cara sae.
  • A bondade está en quen a dá.
  • A bondade non ten chisca de maldade, porque é nai da irmandade.
  • A falta de homes bos, ao meu pai fixérono alcalde.
  • A horne bo, picheles cheos.
  • A moita bondade destrúe a autoridade.
  • A ovella mansa, moitos años a maman.
  • A quen se fai de mel cómeno as moscas.
  • ande hai bo hai malo.
  • ande hai bo tamén hai malo.
  • ande hai bos nunca falta un Xudas.
  • ande hai malos nunca falta un bo.
  • ande hai un malo hai outro bo.
  • Antes cos bos a furtar, que cos mÍns a rezar.
  • Bos corazóns matan as penas.
  • Bos e malos manteñen a cidade.
  • Coa bondade gáñase a autoridade.
  • Cumpre con todos e fíate de poucos.
  • De bo, boa prenda; e de malo non fíes nada.
  • Entre bos non hai conta, o que máis pon máis perde.
  • Entre dúas duras, unha madura.
  • Facédevos mel e comeranvos as moscas.
  • Faite mel e comerante as moscas.
  • Faite ovella e comerate o lobo.
  • Gañar bos para ruíns herdeiros.
  • Mozo bo, mozo malo, quince días despois do ano.
  • Neste mundo cansado nin hai ben cumprido nin mal acabado.
  • Non fagas tantas mercedes, que te fagan subir poi as paredes.
  • Non hai bo que non poida ser mellor, nin malo que non poida ser peor.
  • O ben vén andando e o mal vén voando.
  • O bo a todos contenta.
  • O bo ben parece.
  • O bo dura pouco.
  • O bo logo se acaba e o malo nunca se dana.
  • O home de ben non deshonra a ninguén.
  • O mozo bo bo é.
  • O que é bo é sempre bo.
  • Ó que se fai mel cómeno as moscas.
  • O que se fai ovella, cómeno os lobos.
  • O que se volve mel, cómeno as moscas.
  • O ser home de ben non deshonra a ninguén.
  • O ser home de ben non fai mal a ninguén.
  • Obra ben e espera.
  • Pensa ben e non pensarás en ninguén.
  • Polo bo coñécese o malo.
  • Quen se fai de mel, cómeno as moscas.
  • Se o malo non fora maldizoado, o bo non sería louvado.
  • Vaise o ben para o ben, e o mal para quen o ten.