maldade

maldade

lat malĭtāte

Plural: maldades
  1. s f

    Calidade do que é malo moralmente.

  2. s f

    Acción ou cousa mala e daniña.

Sinónimos

Refranes

  • A árbore que nace torta, tarde ou nunca se endereita.
  • A boa ocasión pasa unha vez; a mala, dez.
  • A gando bravo, corda larga.
  • A mala herba logo crece.
  • A mala herba non a come a xeada.
  • A mala herba non morreo
  • A unha árbore ruín e torta ponlle axiña outra.
  • A zorra mudará os dentes mais non as mentes.
  • Becho malo nunca morre e, se morre, morre tarde.
  • Ben sabe o diaño a quen tenta e a be sta a que n derruba.
  • Coa mala persoa o mellor remedio é terra no medio.
  • Come o lobo de toda a carne, menos da súa, que a lambe o
  • Come, marido, pan e cebola, que, xa que es mín, non che poño a ola.
  • Cousa mala nunca morreo
  • De achaque non ten mester o mal home que mal quere facer.
  • De borne coxo e can rabeno ¡líbrenos Deus coma do demo!
  • De ser boa non teño gana, de ser mala dámo a alma.
  • De ser boa non teño gana; de ser mala dámo a alma; non se me teñen os pes na cama.
  • Dende que nacín, chorei; e cada día tiven por que.
  • Déronme un ovo e déronmo grolo.
  • En todas partes cocen fabas e nalgunhas a caldeiradas.
  • Fai mal e agarda outro tal.
  • Mal con mal, mátase o mal.
  • Mala cousa nunca morre.
  • Malo virá que bo me fará.
  • Non a fagas e non a temas.
  • Non fagas mal, que é pecado mortal; nin fagas ben, que é pecado tamén.
  • Non fai tanto o raposo nun ano, como paga nunha hora.
  • Non hai máis mala xente cós homes e as mulleres.
  • Non hai mal bo.
  • Non hai mal sen pena nin ben sen boa estrea.
  • Non hai mal sen pena.
  • Non hai quen faga mal, que despois non o veña pagar.
  • Non lle quero ben nin mal mais folgaríame velo na forca espernexar.
  • O ben chega a poucos e o mal a todos.
  • O ben hai que buscalo; o mal abonda con agardalo.
  • O ben véndese por onzas e o mal por arrobas.
  • O demo, para as facer, pon a manta e, para as descubrir, toca a gaita.
  • O mal andar trae mal parar.
  • O mal entra a brazadas e sae a migalladas.
  • O mal entra como un louco e sae pouco a pouco.
  • O mal entra por quintales e sae por adarmes.
  • O mal marido, sírveo como señor e gárdate del coma dun traidor.
  • O malo darlle diñeiro ou casalo, se é solteiro.
  • O malo sempre soña engano.
  • O malo vaia e veña, e o bo nunca se perda.
  • O malo, nunha man o pan e noutra o pau.
  • O malo, para facer mal, achaques ha de atopar.
  • O malo, para mal facer, achaques non ha mester.
  • Ó malo, procura escarmentalo.
  • O que a faga, que a pague.
  • Ó que co demo traballa os bois se lle desmandan.
  • Ó que fai mal nunca achaque lle ha faltar.
  • O que nace torto, tarde ou nunca se endereita.
  • O que pide mal para o seu veciño, venlle o seu mal polo camiño.
  • Ó que se alegra do mal do veciño, xa lle vén o seu polo camiño.
  • O que se alegra do mal do veciño, xa lle vén o seu polo caniiño.
  • O que vai facer mal xa vai medio ferido -di o refrán.
  • Onde hai un malo nunca falta un bo.
  • Onde hai un malo pode haber outro peor.
  • Onde que ira hai pulgas: e as da miña casa son rabudas.
  • Onde queira que está non lle falta mal ano.
  • Os cans da miña tía, non tendo a quen morder, uns a outros se mordían.
  • Os males non precisan que os chamen.
  • Quen a faga, tarde ou cedo ha de pagala.
  • Quen malas mañas ha, tarde ou nunca as perderá.
  • Quen malo foi unha vez, serao dez.
  • Quen ruín é na súa terra, ruín é fóra dela.
  • Se fas mal, agarda outro tal.
  • Se fas mal, espera cousa igual.
  • Se non tes para o ben, para o mal non che faltara.
  • Se queres boas obras, fainas; e, se malas, até ndeas.
  • Son lobos dunha camada: se algún non esfola, é que mata.
  • Tan castrón é un cun corno coma con moitos.
  • Teño gana de ser mala, non se me teñen as pernas na casa.
  • Un demo a outro demo non lle achega os tizóns ao pelexo.
  • Un ruío ido e outro vido.
  • Uns matan e outros esfolan.
  • ¡O malo e ao enfermo Deus lle dea saúde ata que sane!
  • ¿A onde vas, mal? -A onde máis hai.
  • ¿Fas mal? Espera outra cousa igual.