mAquilo que favorece a melloría da situación ou do estado dunha persoa ou cousa.
mMelloría experimentada pola situación ou o estado dalgunha persoa ou dalgunha cousa.
ECON
mDiferenza entre os ingresos que resultan das vendas dos produtos e os gastos que comporta o proceso produtivo.
beneficio básicoSatisfacción que ofrece un produto ou servizo a un consumidor.
beneficio brutoCantidade obtida como a diferenza contable entre os ingresos, por vendas resultantes dunha operación ou actividade nun período, e os gastos por compra.
beneficio netoCantidade que se obtén subtraendo do beneficio bruto unha serie de partidas non ben normalizadas.
mADM/RELIXigairías, reitorías, clericatos e capelanías na Igrexa anglicana.
DER
mPrivilexio legal que en determinadas circunstancias xorde en prol dalgunha persoa e que esta pode facer valer para liberarse de situacións que a poden prexudicar, especialmente na orde patrimonial.
beneficio de competenciaBeneficio concedido ao debedor para non ter que pagar integramente as súas débedas se, facéndoo, quedaba en situación de pobreza, sen prexuízo de pagar o resto se melloraba de fortuna.
beneficio de inventarioFacultade concedida ao herdeiro de non responder das obrigas do causante nin das cargas hereditarias cos seus bens, senón unicamente cos bens da herdanza.
beneficio fiscalPrivilexio legal concedido a un suxeito pasivo que implica xeralmente a redución parcial dun tributo.
mDER/HISTInstitución xurídica medieval que define unha doazón con dereito á propiedade feita como un xesto de benevolencia ou en pagamento a uns servizos prestados.
mHIST/DERConcesión territorial efectuada con carácter temporal para gozar do dominio útil dos bens cedidos, a cambio de determinados servizos ou dunha fidelidade por parte do beneficiario.