mAquilo que procura unha vantaxe, unha utilidade, unha satisfacción ou que é favorable ou conveniente.
m
Aquilo que se axusta ao que se considera moralmente bo.
FILOSAquilo que constitúe a perfección dun ser, ben como tal, ben como o fin doutro ser que o desexa en tanto que pode satisfacer unha necesidade ou unha carencia.
mAquilo material ou inmaterial que se pode posuír.
mPersoa á que se lle quere moito. OBS: Neste uso debe ir precedido de posesivo.
DER
mTodo aquilo do que se pode dispoñer xuridicamente para obter un proveito ou unha utilidade.
ben común/comunalBen aproveitado e de uso exclusivo da comunidade de veciños do concello onde se atopa.
ben corporal/materialBen perceptible por calquera dos cinco sentidos.
ben de interese cultural [BIC]Ben do patrimonio cultural dunha nación declarado relevante para a identidade e permanencia da súa cultura.
ben de uso públicoBen de dominio público destinado directamente a uso xeral.
ben incorporal/inmaterialBen que soamente ten unha existencia intelectual ou xurídica.
ben inmoble/bens raíces/sedentes/sitiosBen que ten unha situación fixa e non pode ser desprazado sen o estragar.
ben libreBen que non está sometido a ningún gravame.
ben litixiosoBen do que, nunha controversia xudicial, se discute a propiedade.
ben non consumibleBen que pode ser usado sen que se destrúa ou deteriore a primeira vez.
ben patrimonialBen que pertence a unha persoa de dereito público, non destinado aos servizos públicos ou ao uso xeral.
ben públicoBen que pertence a unha entidade pública.
ben rexistrableBen susceptible de inscrición nun rexistro público para que todo o mundo poida coñecer a situación xurídica.
bens consumiblesBens que co seu uso se destrúen de xeito inmediato ou de forma gradual.
bens de ninguénBens que non pertencen a ninguén ou que foron abandonados polo seu dono.
bens de propiosBen patrimonial que pode constituír para a facenda dunha entidade local unha fonte de ingresos propios do dereito privado.
bens dotaisBens cos que contribúe a muller ao matrimonio en concepto de dote.
bens gananciaisBens que forman parte do patrimonio común a ambos os cónxuxes, adquiridos durante a sociedade conxugal.
bens nullius/ sen donoBens mobles ou semoventes que, ao non ter dono coñecido, aplícanse ao estado.
bens parafernais/privativosBens propios de cada un dos cónxuxes no tempo de celebrar o matrimonio e os que por calquera título adquirisen despois do contrato, en tanto que non formen parte do dote ou das institucións dotais.
bens relictosBens que deixa ou quedan dalgunha persoa cando esta falece.
bens semoventesBen moble capaz de ser movido por el mesmo.
ECON
mCada un dos medios obtidos polo proceso económico da produción, a través do traballo e empregados polos homes para satisfacer as súas necesidades.
ben divisibleBen que permite identificar o seu beneficiario.
ben indivisibleBen en que non é posible identificar o beneficiario do mesmo.
ben inferiorBen en que a súa demanda diminúe co aumento da renda do consumidor.
ben superior/de luxoBen en que a súa demanda aumenta cando o fai a renda do consumidor.
bens de consumoBens destinados ao consumidor e que desaparecen co seu uso.
bens de produciónBens que se empregan como instrumentos de traballo para crear outros bens.