perda

< lat tardío perdĭta
Pliral: perdas
  1. s f Acción e efecto de perder.
  2. s f
    1. Dano ou prexuízo que se recibe en algo.
    2. Cousa perdida.
  3. s f ECON Resultado económico negativo dunha empresa.
  4. s FISIOL
    1. Saída dun líquido ou humor segregado polo organismo.
    2. pl Hemorraxia ou fluxo que procede da matriz.
  5. s f MED Carencia ou diminución, especialmente de calor, de memoria ou dunha substancia.
  6. s f pl TECNOL/FÍS Diferenza entre os valores dunha magnitude fornecida a un sistema e da mesma natureza restituída por dito sistema.
  7. s f AERON Situación dunha superficie aerodinámica en que diminúe a sustentación e aumenta a resistencia aerodinámica, que tende a producir a caída da aeronave.

Frases hechas

  • Non ter perda 1 Non haber posibilidades de perderse. Ex: Non ten perda, segue dereito e chegas ao centro de sa
  • 2 Aproveitarse todo.
  • Tes ti boa perda! Non dar pena ningunha.

Refranes

  • a crego e o raposo, se perden a mañá, perden o día todo.
  • a día que é de perder non é de gañar.
  • a non perder xa é gañar.
  • a perder, moitas veces é gañar.
  • A perdido, perdido de todo.
  • a que perde e di que non o sente, mente.
  • a que perde o burro e atopa a albarda xa non sofre perda tanta.
  • ande non se perde nada todo é miseria.
  • Coa perda ninguén se alegra.
  • Con algún s o perder é gañar.
  • De perder, que perda o demo.
  • Do perdido, o mellor é o recollido.
  • Máis vale perder que máis perder.
  • Non che se irá por pes o que na túa man tes.
  • Non se perde nada, porque o que un perde outro o gaña.
  • Non sinto que o meu fillo perda, senón que desquitarse queira.
  • Perder con uns é mellor que gañar con algúns.
  • Perdido por un, perdido por cento.
  • Quen bois perdeu, chocallos se lle antollan.
  • Quen perde o burro e atopa a albarda, iso gaña.
  • Quen perdeu e non encontrou, co demo andou.
  • Vale máis algo perdido que todo comido.