barra

< lat v *barra ‘divisoria’?
  1. f Peza ríxida, alongada e, en xeral, de pouco grosor.
  2. f
    1. Peza alongada que teñen os bares ou outros establecementos semellantes formando parte do mostrador.
    2. Mostrador no seu conxunto.
  3. f Peza de pan ou doutros comestibles que adoitan ter forma alongada e calibre uniforme.
  4. f Nube longa que se pode observar despois da caída do sol.
  5. f DEP Aparato ximnástico formado por unha peza horizontal de madeira ou de aceiro que descansa sobre uns montantes verticais fixos.
  6. f ESPECT Pasamán de madeira fixado horizontalmente ao longo das paredes e á altura do van, nunha academia de danza que serve para apoiarse durante os primeiros exercicios e para manterse en equilibrio.
  7. f FÍS Condutor montado ao aire, de gran sección transversal, que se emprega para correntes de forte intensidade.
  8. f GRÁF Liña ampla trazada sobre unha superficie.
  9. f LING Signo ortográfico auxiliar que consiste nunha raia en diagonal (/) ou vertical (|).
  10. f MAR ara que serve para virar o cabrestante movendo a man.
  11. f MAT Liña empregada na notación matemática para expresar graficamente diversas operacións.
  12. f XEOG Depósito de sedimentos de grava, area ou limo, mergullado ou emerxido, de orixe detrítica, que normalmente aparece ben no litoral, ben na confluencia dun río cun afluente.
  13. barra colectora FÍS Cada un dos condutores paralelos ao que acoden todas as liñas enlazadas cunha central eléctrica. OBS: Tamén se denomina barra ómnibus ou barra de transferencia.
  14. barra de compás MÚS Raia trazada verticalmente sobre o pentagrama, que indica o acento métrico principal da unidade de tempo musical chamada compás.
  15. barra de dirección ENX Barra que une a panca da dirección ou os extremos da cremalleira coa panca de mando das rodas directrices dun vehículo.
  16. barra de harmonía MÚS ara longa, adherida á cara interior da tapa dos instrumentos de corda, paralela ás cordas, que actúa como reforzo, para soster a presión que producen as cordas sobre a tapa a través da ponte e para comunicar as vibracións.
  17. barra de unión das rodas TECNOL Barra ou barras que unen as rodas directrices dun vehículo entre si.
  18. barra litoral XEOG Barra formada na desembocadura dos ríos no mar, nas rías, baías, esteiros ou praias por efecto da deriva litoral das correntes mariñas, das mareas e da ondada, ou da combinación destes procesos coa dinámica fluvial.

Sinónimos

Citas

  • Con tantas barras case non se ve a lúa
  • Deu un golpe coa barra do mostrador
  • Gústalle tanto o xeado, que comeu unha barra enteira, Hoxe os nenos non comen na casa, así que trae só unha barra da pan
  • Intentei mover a pedra coa barra de madeira, pero case parte
  • Mercamos a barra para as cortinas en ferro forxado
  • Os amortecedores levan barras de aceiro.
  • Subiu o prezo do ouro en barra
  • ¿Compraches a barra de xamón?
  • ¿Sentamos nas mesas ou tomamos o café na barra?

Frases hechas

  • Barra libre. Expresi