fPeza ríxida, alongada e, en xeral, de pouco grosor.
f
Peza alongada que teñen os bares ou outros establecementos semellantes formando parte do mostrador.
Mostrador no seu conxunto.
fPeza de pan ou doutros comestibles que adoitan ter forma alongada e calibre uniforme.
fNube longa que se pode observar despois da caída do sol.
fDEPAparato ximnástico formado por unha peza horizontal de madeira ou de aceiro que descansa sobre uns montantes verticais fixos.
fESPECTPasamán de madeira fixado horizontalmente ao longo das paredes e á altura do van, nunha academia de danza que serve para apoiarse durante os primeiros exercicios e para manterse en equilibrio.
fFÍSCondutor montado ao aire, de gran sección transversal, que se emprega para correntes de forte intensidade.
fGRÁFLiña ampla trazada sobre unha superficie.
fLINGSigno ortográfico auxiliar que consiste nunha raia en diagonal (/) ou vertical (|).
fMARara que serve para virar o cabrestante movendo a man.
fMATLiña empregada na notación matemática para expresar graficamente diversas operacións.
fXEOGDepósito de sedimentos de grava, area ou limo, mergullado ou emerxido, de orixe detrítica, que normalmente aparece ben no litoral, ben na confluencia dun río cun afluente.
barra colectoraFÍSCada un dos condutores paralelos ao que acoden todas as liñas enlazadas cunha central eléctrica. OBS: Tamén se denomina barraómnibus ou barradetransferencia.
barra de compásMÚSRaia trazada verticalmente sobre o pentagrama, que indica o acento métrico principal da unidade de tempo musical chamada compás.
barra de direcciónENXBarra que une a panca da dirección ou os extremos da cremalleira coa panca de mando das rodas directrices dun vehículo.
barra de harmoníaMÚSara longa, adherida á cara interior da tapa dos instrumentos de corda, paralela ás cordas, que actúa como reforzo, para soster a presión que producen as cordas sobre a tapa a través da ponte e para comunicar as vibracións.
barra de unión das rodasTECNOLBarra ou barras que unen as rodas directrices dun vehículo entre si.
barra litoralXEOGBarra formada na desembocadura dos ríos no mar, nas rías, baías, esteiros ou praias por efecto da deriva litoral das correntes mariñas, das mareas e da ondada, ou da combinación destes procesos coa dinámica fluvial.