Asento estreito e longo en que poden sentar varias persoas á vez.
Táboa que vai fixada de banda a banda en certas embarcacións menores destinada ao asento dos remeiros.
m
Táboa sólida, de madeira ou metal, xeralmente horizontal, que posúe os dispositivos necesarios para efectuar diversos traballos.
TECNOLEstrutura que soporta os diferentes mecanismos de certas máquinas.
ECON
mInstitución económica que acepta ou facilita fondos en préstamo.
mOficina onde se desenvolven as actividades dunha entidade bancaria.
banco centralInstitución económica que ten como funcións esenciais a emisión de billetes, a actuación como prestamista en última instancia, facer de banqueiro ou caixeiro do goberno, operar como xestor e depositario das reservas de ouro e de divisas, e asumir a xestión da débeda pública.
banco comercial/de depósitosInstitución, polo xeral privada, que recibe depósitos á vista ou a curto prazo, polos que paga un xuro baixo e sobre o que concede fondos a curto prazo.
mMEDEstablecemento sanitario destinado á recollida e depósito de órganos e fluídos fisiolóxicos para usos cirúrxicos.
PESCA
mGrupo numeroso de peixes dunha mesma especie que se desprazan xuntos.
banco marisqueiroÁrea litoral onde a densidade dalgunha especie de marisco fai interesante unha actividade de extracción.
mXEOG
Elevación do fondo dun río ou do mar, pola acumulación de area, que dificulta a navegación.
Meseta submarina illada da plataforma continental e rodeada por unha depresión da plataforma.
mXEOL
eta dun mineral nunha canteira.
Xacemento de mineral que presenta ao descuberto unha cara vertical e outra horizontal.
mARTECorpo inferior do retablo dividido en casamentos.
banco de datosINFORMConxunto de datos factuais ou numéricos que se almacenan na memoria dun ordenador.
banco de memoriaINFORMGrupo de módulos de memoria aleatoria (RAM) nun ordenador.
banco ópticoFÍS/IMAXDispositivo destinado a medir o rendemento óptico das lentes e dos obxectivos.