artigo

< lat articŭlu ‘pequena parte dun todo’
Pliral: artigos
    1. DER Cada unha das disposicións que forman parte dun estatuto, un regulamento, un tratado ou un contrato.
    2. DER Cada unha das cláusulas dun contrato.
    3. LIT Cada unha das partes dunha publicación colectiva.
    4. s m LING Cada unha das divisións dun dicionario que corresponden a unha palabra.
    5. COMUN Escrito asinado onde se expoñen ideas e xuízos valorativos sobre un feito que é noticia.
  1. COM
    1. s m Cousa coa que se comercia.
    2. artigo de primeira necesidade Aquel que é preciso para a propia subsistencia.
  2. s m DER
    1. Cuestión incidental nun proceso.
    2. Cada unha das probas dun xuízo ou das preguntas dos escritos de interrogación das testemuñas.
  3. s m LING Elemento gramatical que presenta ao substantivo indicando o seu xénero e número, ou dá carácter substantivo a expresións que non son propiamente un substantivo.
  4. artigo de fe RELIX erdade indiscutible que se debe crer porque foi revelada por Deus.

Sinónimos

Confrontaciones

Citas

  • Artigo primeiro da constitución
  • Ese artigo está publicado nas actas do último congreso de normalización lingüística
  • Neste establecemento teñen rebaixa en todos os artigos
  • O artigo que estou a ler informa do último tremor en San Francisco
  • O novo diccionario ten trinta mil artigos
  • o sol, a bicicleta de Xan) e indeterminado ou indefinido, que introduce substantivos que designan persoas ou cousas consideradas descoñecidas ou non identificables polos interlocutores ( Escoitaron a voz dunha muller), de carácter xenérico ( Colle un autobús), etc, Como nas outras linguas románicas, no galego o artigo deriva de ille, aínda que nalgunhas rexións (Sardeña, Gascuña) deriva de ipse, A escolla no uso entre as primeiras ou segundas formas do artigo -isto é, entre o, a, os, as ou lo, la, los, las- vén determinada polo fonema final da palabra precedente, A segunda forma emprégase nestes contextos: tras unha forma verbal rematada en -r ou -s (Cómpre que cóma-lo caldo), tralos pronomes nós, vós, nos, vos e lles (Nó-los dous viaxamos sempre en iate; Contóulle-la verdade dende o comezo), tralo adverbio u (¿U-lo libro vermello?), tralas preposicións rematadas en -r ou -s (Tralo estoupido, esvarou polo chan), trala conxunción copulativa mais (Ti e mailo teu curmán sodes o demo), logo do adverbio presentativo eis (Ei-los teus amigos) e tras ambos, entrambos e todos (Collérono entrámbolos dous e levárono nos ombreiros), A primeira forma do artigo emprégase nos restantes casos, incluso nestes que acabamos de citar, Os alomorfos do pronome -o, a, os, as / lo, la, los, las / no, na, nos, nas- están condicionados polo son final do verbo ou do pronome que o antecede na frase, Utilízase a variante lo tralas formas rematadas en -r ou -s (Esquecéchelo ben cedo); tralos pronomes nos, vos e lles (Non nolo quixo, éche un soberbio de seu; Devolvéronllelo sen aceptar recompensa) e tralo adverbio u (¿E ulo?), A forma no tralos verbos rematados en ditongo (Fiteino de esguello para ver o que facía); e a forma o nos outros casos (Se o fai ou non o fai éche un misterio)
  • Sempre leo o artigo que publica Méndez Ferrín no xornal porque estou de acordo coas súas ideas