voz

< lat voce
Pliral: voces
  1. s f
    1. FISIOL Son que se produce na larinxe polo paso do aire expirado a través das cordas vocais, postas previamente en contacto.
    2. Son emitido por unha persoa, un animal, un instrumento ou un fenómeno natural.
    3. Modalidade da voz humana caracterizada polo timbre e pola textura.
  2. s f Opinión xeral que manifesta unha colectividade determinada, ou medio de expresala.
  3. s f LING Palabra ou vocábulo.
  4. s f LING Categoría gramatical do verbo que indica a relación gramatical entre este, o suxeito e o complemento, en virtude da que o proceso verbal é atribuído ao suxeito considerado como axente ou como paciente.
  5. s f DER/POLÍT Dereito a falar e a tomar parte nas deliberacións dunha xunta ou asemblea, con independencia da facultade de votar.