entrada

< entrar
Pliral: entradas
  1. s f Acción e efecto de entrar.
  2. s f Espazo ou acceso polo que se entra a un lugar.
  3. s f Conxunto de persoas que asisten a un espectáculo.
  4. s f Billete que dá dereito a asistir a un espectáculo ou a unha actividade cultural.
  5. s f Comezo dun período de tempo.
  6. s f Ángulos entrantes e carentes de pelo, que se forman aos lados da cabeza e por riba da fronte.
  7. s f
    1. Cantidade de diñeiro que entra nunha caixa.
    2. Produto que se recolle da venda dos billetes dun espectáculo ou dunha actividade cultural.
    3. ECON Anotación no debe dunha conta que reflicte un aumento no activo da empresa
  8. s f Prato lixeiro que se come antes dos pratos principais dunha comida.
  9. s f Posibilidade ou dereito a entrar.
  10. s f ECON Cantidade primeira que se entrega nunha compra a prazos.
  11. s f DER Pacto agregado á enfiteuse polo que o enfiteuta entrega diñeiro a quen lle cede a finca no momento da entrega.
  12. s f DEP
    1. Intercepción dun xogador a outro para quitarlle o balón.
    2. Penetración dun xogador por medio da defensa do equipo contrario cara á meta que defende este.
    3. Quenda de cada equipo no béisbol.
    4. Quenda de cada xogador no billar.
  13. s f MÚS
    1. Danza coa que os personaxes comezaban os espectáculos musicais na Idade Media.
    2. Preludio ou fragmentos musicais que introducen obras musicais, ballets, óperas e oratorios.
    3. Peza musical para órgano sen desenvolvemento.
    4. Xesto do director dunha orquestra para indicar aos intérpretes o momento no que deben comezar a súa intervención.
  14. s f LING Elemento lingüístico destacado ao comezo de cada artigo dun dicionario ou doutra obra similar, que é obxecto de definición ou explicación.
  15. s f FÍS Circuíto por onde se introduce un sinal nun aparato electrónico.
  16. s f INFORM
    1. Periférico utilizado para introducir información nun ordenador.
    2. Introdución de datos nunha máquina ou nunha parte dela.
    3. Conxunto de datos ou sinais que se introducen nun ordenador.
  17. s f BIBLIOT Encabezamento que permite localizar unha información bibliográfica nun arquivo ou ficheiro.
  18. dobre entrada MAT Método de elaboración de táboas estatísticas no que os datos se ordenan por fileiras e por columnas, representativas de dúas variables diferentes. Cada termo representa a conexión das características que están expresadas horizontal e verticalmente, xeralmente explicitadas en dous subíndices representativos que acompañan cada termo da táboa.

Sinónimos

Antónimos

Confrontaciones

Citas

  • Celebraron unha festa de entrada libre, Nese local teñen reservado o dereito de entrada
  • Espérannos na entrada do museo, Construirán un centro comercial na entrada da vila, Vive nunha aldea que hai na entrada do val
  • Fixen un armario na entrada
  • O bo que ten é que sempre lle deu entrada á xente nova
  • Pagareiche na entrada do mes que vén, Xa está aquí a entrada da primavera
  • Tivo moi boa entrada entre os irmáns dela

Frases hechas

  • De entrada. De antem