aparello

< aparellar
Pliral: aparellos
  1. s m Conxunto de elementos que se combinan para realizar unha determinada función.
  2. s m BIOL aparato.
  3. PESCA
    1. s m pl Conxunto de utensilios necesarios para pescar.
    2. s m Conxunto de redes e panos de rede empregados para a extracción directa do peixe.
  4. s m MAR Conxunto da arboradura, cordames e velames dun barco, que serve para empuxar este valéndose da forza do vento.
  5. s m MAR Cada unha das diferentes máquinas formadas por combinación de poleas cun cabo que traballa polas súas roldanas, empregadas para vencer grandes resistencias con poucos esforzos.
  6. s m pl Instrumentos empregados na labranza, no carro ou no muíño.
  7. s m pl Arreos que se lles poñen ás bestas para poder montalas ou cargalas.
  8. s m ARQUIT/CONSTR Maneira de dispoñer os elementos empregados na construción dun muro, dunha parede ou das baldosas dun pavimento.
  9. s m PINT Produto destinado a preparar o soporte sobre o que se aplica unha pintura, para obter un fondo ben liso e homoxéneo que non sexa excesivamente absorbente.

Confrontaciones

Citas

  • O mecánico sempre emprega moitos aparellos para amañar o meu coche
  • Teño dispostos os aparellos para comezar a labrar
  • Veñen de facer uns aparellos novos para as bestas